O Concello de Verín pospón os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” Imprimir
Luns, 11 Maio 2020 00:00

O Concello de Verín pospón a celebración dos  certames “Poesía Xosé Carlos  Caneiro Pérez” e “Relato  Curto Antonio Fernández Pérez” programados para o 17 de maio, día das Letras  Galegas, coa finalidade de protexer a seguridade cidadá.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza Basalo, explicou que esta decisión obedece a unha «cuestión de responsabilidade» cara ao conxunto da cidadanía verinesa. «Temos que seguir dando prioridade absoluta á atención da actual emerxencia sanitaria provocada pola pandemia da covid-19. Estes dous eventos, a día de hoxe, non se adaptan a normativa de seguridade correspondente a fase 1 de desescalada».


A área de Cultura do Concello de Verín ten previsto retomar a organización de devanditos eventos a principios do próximo ano lectivo, a condición sempre de que as circunstancias o permitan con total garantía de saúde e seguridade para todas as persoas. Serán os propios centros educativos participantes os que decidan cal será a data que mellor se adapta ás súas axendas de traballo.