Verín o acto/coloquio solidario “Apartados… al lado” do artista Fernando Barreira Imprimir
Luns, 14 Setembro 2020 13:58

 O artista verinés, Fernando Barreira Mateo, en colaboración con outros persoeiros da vila, organiza unha actividade con carácter benéfico en favor da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e da área de Servicios Socias de Verín.

O acto terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro xoves, 17 de setembro, ás 20.00 horas. Durante o evento, levarase a cabo un coloquio e a entrega dos cinco óleos doados ás asociacións citadas para apoiar a actual situación provocada pola COVID-19.

No acto/coloquio, o artista verinés contará coa colaboración de Edelmiro Mateo e Isabel Risco, e  participarán no mesmo Enma Veiga, David Rodríguez Rivada, Manuel Alfonso, Javier Cid Domínguez, Eugenio Quintas Alborés e Diego Lourenzo Moura, ademais do propio Barreira.

Apartados al lado

Baixo o nome de “Apartado al lado”, o artista verinés Fernando Barreira Mateo traballou durante o Estado de Alarma nunha serie de cinco lenzos (50x50), que foron subastados durante o confinamento. A finalidade deste traballo foi recadar fondos, que doará o próximo xoves -e de maneira totalmente altruísta- á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e á área de Servizos Sociais da mesma entidade pública.