Aberto o prazo para solicitar as axudas a hostalería polo peche voluntario de bares e terrazas, destinado a conter a propagación da COVID-19 |
Xoves, 15 Outubro 2020 12:38 |
O Concello de Verín abriu este xoves o prazo para solicitar as axudas dirixidas ás empresas de hostalería, adheridas ao peche voluntario de bares e terrazas, que se prolongará do 13 ao 22 de outubro, e que ten como finalidade conter a propagación da COVID-19 no concello. QUEN É BENEFICIARIO?
Poderán ser beneficiarios destas axudas os traballadores autónomos e empresarios que exerzan a súa actividade económica como café-bar no Concello de Verín e que se visen afectados pola crise derivada da COVID19.
Para estes efectos consideraranse beneficiarios as persoas físicas que sexan titulares dun cafe-bar no Concello de Verín e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser traballadores autónomos, incluídos no réxime especial de traballadores autónomos. Entenderanse incluídos todos os traballadores aos que se refire o artigo 1 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, coa excepción dos autónomos colaboradores (cónxuxe ou familiares ata o segundo grado de consanguinidade, afinidade ou adopción que convivan co traballador autónomo titular da actividade económica, realicen traballos retribuídos e non teñan a consideración de traballadores por conta allea) b) Atoparse de alta no correspondente réxime de Seguridade Social. c) Recibo do lixo do ano en curso que demostre que o local está activo. d) Ter cesado a súa actividade conforme ao acordo consensuado adoptado polos hostaleiros de Verín a partir do 13 de outubro de 2020 ás 20:00h. Para estes efectos consideraranse beneficiarios as persoas xurídicas que sexan titulares dun café-bar no Concello de Verín e que cumpran os seguintes requisitos: a. Ser sociedades legalmente constituídas. b. Recibo do lixo do ano en curso que demostre que o local está activo a nome da Sociedade. c. Ter cesado a súa actividade conforme ao acordo consensuado adoptado polos hostaleiros de Verín a partir do 13 de outubro de 2020 ás 20:00h
As axudas económicas constan de dous importes a percibir en dous períodos de tempo diferenciados:
QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE ENTREGAR?
Anticipo fixo de 300 euros en concepto de perdas ocasionadas pola adopción do peche voluntario
As persoas interesadas deben cubrir un modelo de solicitude, que estará á súa disposición no Concello, xunto ca seguinte documentación:
Importe económico variable prorrateado en base os gastos fixos do establecemento durante o período de peche.
COMO PRESENTO A DOCUMENTACIÓN? Todas as solicitudes serán rexistradas na Casa do Concello (entrada á man dereita). A presentación poderá realizarse de modo presencial ou telemático, neste ultimo caso a través da sede electrónica do Concello de Verín (http://verin.sedelectronica.gal) Así mesmo, para a concesión do anticipo será necesaria a presentación dunha declaración responsable de peche. No caso de que durante o período estipulado, o establecemento non cumpra as condicións de peche continuado, terá que reintegrar o importe do anticipo e non terá dereito á concesión do segundo importe. Para a concesión do importe económico variable, os funcionarios comprobarán que houbo resolución favorable para a concesión do anticipo. Do mesmo xeito, solicitarase á Policía Local informe que certifique o peche do establecemento durante o período estipulado. DESCARGA AQUÍ OS MODELOS DE SOLICITUDE DESCARGA AQUÍ AS BASES DAS AXUDAS
|