A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, busca superar obstáculos na fronteira Imprimir
Martes, 03 Novembro 2020 19:14

A  Eurocidade  Chaves-Verín, AECT, será beneficiaria, por segunda vez, do programa da Unión Europea “Cros  Border  Solutions:  B- solutions” da Unión Europea, centrado en superar os obstáculos legais e administrativos en territorios fronteirizos.



A Agrupación Europea de Cooperación Territorial,  Eurocidade  Chaves-Verín, que forma parte dun territorio moi afectado por incendios forestais cada ano, pretende reforzar a idea de que a cooperación nesta zona fronteiriza é fundamental. Por este motivo, impulsou unha candidatura para definir fórmulas que faciliten o traballo transfronteirizo que se desenvolve en materia de protección civil e emerxencias a ambos os dous lados da fronteira.

A Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas ( ARFE) e a Comisión Europea, entenderon a importancia desta candidatura e designarán a un experto que estudará a situación actual e os obstáculos en materia de cooperación transfronteiriza neste ámbito.

B- solutions é unha iniciativa con 4 anos de existencia e impulsada pola  DG Rexio da Comisión Europea. A Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas xestiona a iniciativa desde decembro de 2017 e o obxectivo xeral de  B- solutions é identificar e promover métodos sostibles para resolver os obstáculos fronteirizos de carácter legal e / ou administrativo ao longo das fronteiras terrestres internas da UE.