ACTUALIZACIÓN | Novas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín Imprimir
Xoves, 05 Novembro 2020 12:47

 A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar a ORDE do 4 de novembro de 2020 e o Decreto 179/2020, documentos que explican as medidas de prevención adoptadas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín.


  • As restricións aplicaranse, de momento, durante un mes, a partir do sábado 7 de novembro ás 00,00 horas.
  • Queda  restrinxida a entrada e a  saída de  persoas  do ámbito territorial  doConcello de Verín, salvo por motivos xustificados.
  • Restrínxense as actividades non esenciais.
  • Pecha a hostalería a excepción do servizo a domicilio e para levar.
  • Reunións sociais limitadas a só conviventes, sen límite de persoas.
  • Seguen permitidos os movementos laborais, educativos, de coidados e sanitarios fora do Concello de Verín
  • Para non federados, A práctica de deporte queda restrinxida ao exercicio individual ou con conviventes
  • Cinemas, teatros, auditorios reducen o seu aforo a 30 persoas en interior e 75 en exterior.


É importante deixar claro que non hai confinamento domiciliario. É dicir, podes  saír de casa con total liberdade, sempre baixo o criterio das normas vixentes de mobilidade e reunión.

Consulta todas as medidas no DOG:

Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara

Mans limpas

Manter a distancia de seguridade