ACTUALIZACIÓN COVID-19|| A Xunta de Galicia eleva a todos os concellos ao nivel extremo de restricións Imprimir
Luns, 25 Xaneiro 2021 17:48

 En vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, o comité clínico da Xunta de Galicia hoxe decidiu elevar a totalidade de concellos de Galicia a un nivel extremo de restricións que busca reducir ao mínimo a interacción social.

Estas restricións estarán vixentes, como mínimo, durante tres semanas: desde a medianoite de mañá martes ao mércores ata o 17 de febrero ás 00:00 horas:

  • Interaccións sociais limitadas a convivintes, agás nas actividades xustificadas..
  • Mobilidade reducida ao propio concello, agás cando non quede máis remedio (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente).
  • Toque de queda: 22,00 ata as 6:00 horas.
  • Peche da hostalería, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laboráis.
  • Deporte restrinxido as actividades de forma individual  ao aire libre, no propio concello  e SEMPRE con máscara. Tamén pechan os ximnasios.
  • Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos.


Actividades esenciais permitidas (*con condicionantes).

  • Sanidade.
  • Educación.
  • Coidado de maiores e menores.
  • Traballo.
  • Comercio.


* Condicionantes.

  • Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores.
  • As universidades non reanudarán as clases ata o día 8 de febreiro  e de 8 a 17 de febreiro serán en liña.
  • Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc.

  • Comercio non esencial: aberto ata as 18,00 horas.
  • Centros comerciais: pechados a fin de semana.