A Biblioteca de Verín adapta a súa programación á actual situación sanitaria Imprimir
Martes, 02 Febreiro 2021 12:36

 A Biblioteca Municipal do Concello de Verín adapta a súa programación a actual situación sanitaria organizando un total de sete videoconferencias, de temáticas variadas, entre os meses de febreiro e xuño do ano 2021. Tamén poñerán a disposición do centros escolares da vila visitas virtuais polas súas instalacións.

Devanditas conferencias online, que terán como primeiro público aos alumnos e alumnas de centros escolares da vila, impartiranse en horario matinal e terán unha duración de, aproximadamente, 30 minutos. Posteriormente, ás charlas estarán a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

«Tras a suspensión de todos os actos presenciais previstos como consecuencia da pandemia do Covid-19», explicou Emilia Somoza, concelleira de Educación, Festexos e Cultura, «seguimos buscando fórmulas alternativas para manter a actividade cultural na nosa vila. Entendemos que nestes  difíciles momentos, nos que todos estamos obrigados a permanecer tantas horas nos nosos fogares necesitamos -máis que nunca- buscar proxectos atraentes que usen as plataforma dixitais e que cheguen á cidadanía dunha maneira totalmente segura».

Visitas virtuais á Biblioteca para os centros escolares

Ademais destas conferencias temáticas, os responsables da Biblioteca Municipal tamén ofrecerán aos centros escolares verineses a posibilidade de realizar unha visita guiada polas súas instalacións, explicando os fondos cos que contan así coma os distintos traballos e o valor que teñen as Biblioteca na vida das persoas.

Videoconferencias temáticas

9 Febreiro: Miguel Losada (Escritor e Secretario da Soc. Antropolóxica Galega): "Cigarróns do oeste: Traxes, zamarras e pistolas".

3 Marzo: Toti Martínez de Lezea (Escritora): "O outro Camiño de Santiago". Análise de como era realmente o Camiño de Santiago dende antigo, antes da súa maior difusión pola relixión cristiá.

7 Abril: Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) e Montse Pena Presas (Profesora USC, Biógrafa de Xela Arias e crítica literaria): "Letras Galegas 2021: Xela Arias".

30 Abril: Francisco Narla (Escritor): "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa; Presentación da última novela: "Fierro".


Novela Negra/Misterio

7 Maio: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas".

21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.

3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).