Videoconferencia “Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe” de Miguel Losada na Biblioteca de Verín Imprimir
Sábado, 06 Febreiro 2021 14:11

O vindeiro martes, 9 de febreiro,  a Biblioteca do Concello de Verín presenta a primeira das súas sete videoconferencias temáticas: “Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe” de Miguel Losada, escritor, antropólogo e secretario da Soc. Antropolóxica Galega, que compartirá cos asistentes  moitas curiosidades en torno á figura deste ser que cobra  vida  nas datas  do  Entroido.

Devandita conferencia online, que terá como primeiro público aos alumnos e alumnas de centros escolares da vila, impartirase en horario matinal e terá unha duración de, aproximadamente, 30 minutos. Posteriormente, á charla estará a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

Naquela feira de Sarreaus do 28 de xaneiro de 1901, tres semanas antes do luns de Entroido,  Manuel Isauto quedara cuns amigos na feira de Sarreaus. Viñera dende Ababides, San Martiño, Concello de Trasmiras a unha legua de distancia cara o oeste. Debeu erguerse cedo e vir pisando a xeada e chaguazosa chaira. Moito mais cedo, pola noite debeu erguerse un canteiro dalgunha parroquia da parte de Calvos de Randín que fica a uns 40km de distancia. O canteiro viña armado cunha pistola Browning FN M1900, tal como andaba moita xente daquela nos incertos camiños das feiras e dos negocios que nelas se ventilaban.....

Que clase de poder é este que permite que alguén armado e disposto a usar a súa pistola non sexa quen de defenderse e opoñerse a un personaxe do Entroido?

Que clase de estado de conciencia posúe e domina a mentalidade de quen viste estes traxes, unha percepción da realidade que fai deles seres irresistibles?

Que ten que ver exactamente o Entroido con estes traxes, xa que como vemos grazas á prensa da época, púñanse dende semanas antes?

Comprendemos hoxe en día e realmente o poder simbólico que anima, impulsa e vive dentro destes indumentos tan especiais?