Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Verín participaron na primeira das sete videoconferencia temáticas programadas pola Biblioteca Imprimir
Mércores, 10 Febreiro 2021 12:27

 Onte pola mañá, a Biblioteca do Concello de Verín presentou a primeira das súas sete videoconferencias temáticas: “Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe” de Miguel Losada, escritor, antropólogo e secretario da Soc. Antropolóxica Galega.

Na mesma participaron máis de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Amaro Refojo, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR  María Inmaculada. A charla estará a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

Próximas Videoconferencias temáticas

3 Marzo: Toti Martínez de Lezea (Escritora): "O outro Camiño de Santiago". Análise de como era realmente o Camiño de Santiago dende antigo, antes da súa maior difusión pola relixión cristiá.

7 Abril: Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) e Montse Pena Presas (Profesora USC, Biógrafa de Xela Arias e crítica literaria): "Letras Galegas 2021: Xela Arias".

30 Abril: Francisco Narla (Escritor): "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa; Presentación da última novela: "Fierro".

Novela Negra/Misterio

7 Maio: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas".

21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.

3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).

Visitas virtuais á Biblioteca para os centros escolares

Ademais destas conferencias temáticas, os responsables da Biblioteca Municipal tamén ofrecerán aos centros escolares verineses a posibilidade de realizar unha visita guiada polas súas instalacións, explicando os fondos cos que contan así coma os distintos traballos e o valor que teñen as Biblioteca na vida das persoas.