O Concello amplía ata o martes 16 o período de venta das súas “mascarillas entroideiras” Imprimir
Venres, 12 Febreiro 2021 12:40

 O Concello de Verín vén de anunciar a ampliación do período de venta das súas “mascarillas entroideiras” debido á gran demanda experimentada na última semana.

«Desde que se puxeron á venda o pasado luns, ata hoxe, vendéronse máis de 500 máscaras», explicou a  concelleira de Educación Cultura e Festexos , Emilia Somoza. «É por isto que ampliaremos un par de días máis, os vindeiros luns e martes, o período de venda».

Os cubrebocas poden mercase na taquilla exterior do Pavillón Municipal de Deportes (rúa Irmáns Moreno) por un prezo de 5 euros, ata o próximo martes 16 febreiro. (sábado e domingo perchado)

Horario: Pola mañá, de 10:00 a 13:00; Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

Mascarillas Entroideiras

O deseño das máscaras foi elaborado pola artista local, natural de  albarellos, Aurora López e o propio cubre bocas, hixiénico e reutilizable,  fabricado pola empresa  Nicandra con tecido homologado pola normativa UNE0065 para filtrar e protexer ante a COVID-19.