O pleno de Verín aproba definitivamente o orzamento xeral para o exercicio 2021 |
Mércores, 10 Marzo 2021 15:17 |
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE DATA 18/02/2021.
2. Expediente 3751/2020. Elaboración e Aprobación do Orzamento a RESOLUCIÓN SOBRE RECLAMACIONS Á APROBACIÓN INICIAL E APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2021.
3. Expediente 85/2021. RESOLUCIÓN CONVENIO COOPERACIÓN COA CONSELLARÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO LOCAL DA PRAZA DE ABASTOS.
4. Expediente 723/2021. CESIÓN TRAMOS URBANOS ESTRADAS OU-113 e OU-310.
5. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA.
6. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 12/02/2021 ATÉ O 04/03/2021, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS.
7. ROGOS E PREGUNTAS
Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a resolución sobre reclamacións á aprobación inicial e aprobación definitiva orzamento 2021, quedando aprobados, por 11 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, os seguintes acordos:
-Alegación presentada sobre la necesidade de elaborar y aprobar un Plan de Tesoureira, que permita el cumprimento del período medio de pago a provedores.
-Alegación presentada en relación con la RELACIÓN DE PUESTOS DE TRABAJO.
-Alegación presentada en relación con los límites que no se pueden superar por el conjunto de las retribuciones complementarios de los funcionarios municipales.
-Alegación del Grupo Popular de que la empresa concesionaria no está abonando el canon al que se comprometía en la oferta presentada, por la cual le fue adjudicada esta concesión.
-Alegación del Grupo Popular de que muchas partidas de ingresos se estimaron excesivamente al alta.
-Alegación presentada sobre que los créditos que reflejan muchas de las partidas del año 2021 no va a ser suficientes para afrontar los gastos que normalmente tiene este Concello, en base a un estudio preliminar de las facturas que entraron en el Concello en el año 2.020, y en base a las facturas reconocidas extrajudicialmente en ejercicios anteriores.
-Alegación presentada en relación con falta de partida para albergar los gastos sobre un contrato de alquiler de un inmueble sito en Plaza de la Merced y para el alquiler de piezas para el Museo de la Merced.
-Alegación presentada porque los créditos de las partidas de gastos no van a ser suficientes, porque el gasto como se hizo hasta ahora dende que lleva gobernando PSOE +BNG, se realizó de una forma arbitraria sin tener en cuenta los créditos iniciales
-Alegaciones presentadas sobre la dotación de créditos para gastos de inversión.
Créase esta partida de gastos, e diminúese no mesmo importe, o importe que figuraba na partida do Fondo de Contixencia, que pasará de 97.298,90 euros a 72.298,90 Euros, quedando por tanto o mesmo importe total en gastos, que o orzamento inicialmente aprobado.
-Alegación presentada en relación con el PERSONAL.
-Alegación presentada sobre que los gastos que se realizan a lo largo del año no se corresponde de forma estrita con lo créditos consignados, acometendo nuevas inversiones y fraccionando los importes para convertirlos en obras menores.
Resumo por capítulos: Durante a sesión plenaria aprobouse tamén, por 11 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, a resolución do convenio cooperación coa consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para a realización das obras de acondicionamento do local da praza de abastos derivadas da necesidade do uso de devanditas instalacións para fins de interese e competencia municipal. Segundo explicou o alcalde, Gerardo Seoane, o Concello de Verín ofreceu á Xunta de Galicia o cambio do local no ano 2015 e propúxolle un lugar alternativo na zona da Alameda. Debido a inacción da administración autonómica o Concello decidiu anular devandito convenio e dar á administración autonómica un prazo de alegacións. O alcalde explicou que, neste momento, o Concello de Verín ten a necesidade de utilizar estas instalacións municipais para fins culturais, en concreto, dedicará o espazo que quede libre o que será o novo Museo Comarcal, que na actualidade está ubicado no claustro Mercedario. «O prazo que se lle dá a administración para reubicar as súas oficinas é debido a que o Concello ten que abandonar a actual ubicación do Museo de Verín, que se encontra no claustro dos Mercedario. Queremos deixar claro que o grupo de goberno facilitará toda a colaboración que se precise e axudará á Xunta na busca de local, non tendo por que saír estas oficinas do casco vello xa que hai un local que poden utilizar», finalizou Seoane. Por outra banda, o pleno someteu a votación solicitar o inicio do procedemento previsto no artigo 9 da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia, para a cesión dos tramos tramos urbanos das estradas OU-113 e OU-310, quedando aprobado o mesmo por 11 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular. Cabe destacar tamén que o Partido Popular presentou unha moción urxente ante o pleno municipal. Procedeuse á votación da urxencia do asunto e, por 12 votos en contra (7 PSdeG- PSOE e 5 BNG) e 4 votos a favor (PP), non se aprobou a urxencia da mesma e polo tanto non se incorporou á Orde do Día da sesión. No apartado de rogos e preguntas interveu o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, para contestar as preguntas formuladas pola Partido Popular nos plenos do 30 de decembro de 2020 e do 18 de febreiro do 2021.
|