Esta mañá, deron comezo en Verín -co aforo da sala completo- as xornadas organizadas polo IV Ciclo do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello.
No acto inaugural, Ana Moure Soengas -docente responsable de impartir o primeiro seminario dedicado á Criminoloxía e a Política Criminal- estivo acompañada pola directora do IV ciclo do Programa Universitario de Maiores da USC, María Esther Olveira, quen quixo agradecer a ao Concello de Verín a súa implicación co proxecto: «grazas por liderar a iniciativa, difundila e facela chegar a toda a cidadanía do municipio». Devandito programa, que leva por título "Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do Coñecemento”, está dirixido a persoas maiores de 50 anos e distribúese ao longo de tres xornadas nas que se inclúen seminarios sobre temáticas diversas, e sesións prácticas, que serán impartidas por docentes da USC; entre as materias que se abordarán neste ciclo figuran o Dereito e a Criminoloxía a Educación ou Historia e o Patrimonio. As clases impartiranse no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. (Rúa Irmáns la Salle).
Programa completo
25/03/2021
11:00-12:30 h
Seminario: Introdución á Criminoloxía e Política Criminal.
16:30-18:00 h
Actividade interactivas de resolución de casos prácticos e análise de “pegadas dactilares”.
Dna. Ana Moure Soengas. Graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía. Docente do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
26/03/2021
11:00-12:30
Seminario: Cultura Folclore e educación: Construíndo a Identidade Persoal desde a Tradición.
D. Alexandre Sotelino Losada. Dr. en Ciencias da Educación. Docente do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e no Programa Universitario de maiores, IV Ciclo da USC
16:30-18:00h
Obradoiro A Cociña Musical: O uso dos recursos cotiás na creación artística. Dna. Sandra González Sousa. Monitora e Dinamizadora Cultural.
Dna. Cristina Calle Rodríguez. Monitora e Dinamizadora Cultural.
27/03/2021
11:00-12:30
Seminario: “Das mouras ás mámoas, das mámoas ás pedras sacras, das pedras sacras a troques douro... Do inmaterial ao material do patrimonio cultural de Verín”.
16:30-18:00h
Visita ao Museo Claustro Mercenario.
Dna. Carolina Casal Chico. Dra. en Arte Medieval. Docente do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC |