Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Verín participaron na videoconferencia de Víctor F. Freixanes e Montse Pena Presas dedicada a autora galega Xela Arias Imprimir
Mércores, 07 Abril 2021 12:34

 Esta mañá, tivo lugar -cun gran éxito de participación- a videoconferencia dedicada a Xela Arias na que participaron Víctor F. Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) e Montse Pena Presas, (Profesa da USC, crítica literaria, escritora e biógrafa de Xela Arias).

Con este evento, a Biblioteca Municipal de Verín únese a serie de recoñecementos que se lle brindarán á autora sarriana durante o presente ano, no que a Real Academia Galega acordou que Xela Arias será a persoa homenaxeada nas Letras Galegas de 2021.

Na mesma participaron máis de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Amaro Refojo, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR  María Inmaculada. A charla estará a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

Próximas Videoconferencias temáticas

30 Abril: Francisco Narla (Escritor): "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa; Presentación da última novela: "Fierro".

Novela Negra/Misterio

7 Maio: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas".

21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.

3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).