ACTUALIZACIÓN COVID-19 | Novas medidas de prevención vixentes en Galicia Imprimir
Xoves, 08 Abril 2021 12:11

 En vista da actual evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as novas medidas de prevención destinadas a evitar a propagación da COVID-19 en #Galicia.

Segundo o decretado, o Concello de Verín mantense no nivel medio-baixo de restricións pero cunha IMPORTANTE NOVIDADE:

A partir das 00:00 horas deste sábado, 10 de abril, estarán permitidas as xuntanzas entre non conviventes nos domicilios, cun máximo de 4 persoas no interior e de 6 no exterior.

Máis información no #DOG: https://bit.ly/3cUfClj