O Concello de Verín convoca a comisión de control, con presenza sindical, coa finalidade de revisar o último proceso selectivo para o posto de traballador social do SAAD Imprimir
Luns, 07 Xuño 2021 14:16

Ante o resultado obtido no último proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o servizo municipal de Dependencia, desde o grupo de goberno do  Concello de Verín infórmase que:


A concelleira responsable da área de Persoal, Rosario Rodríguez -en aras da transparencia- convocará a correspondente comisión de control dos procesos selectivos, que está conformada polos sindicatos.

Devandita comisión será a responsable de realizar unha revisión pormenorizada de todo o proceso selectivo, así como da documentación pertinente, e de emitir o ditame correspondente.