Aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín |
Luns, 16 Agosto 2021 10:39 |
A área de Deportes do Concello de Verín informa que hoxe abre o prazo de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa. Coa finalidade de garantir a seguridade dos e as deportistas, a concellería de Deportes de Verín conta cun estrito protocolo de seguridade, baseado no documento oficial da Federación Galega de Fútbol. Deste xeito, todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte á COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridades sanitarias. O prazo de solicitudes estará aberto entre o 16 de agosto e o 1 de setembro. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización. Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal) ao mail das escolas deportivas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva. Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564. AS CATEGORIAS POR EDADES SON AS SEGUINTES
DOCUMENTOS A ENVIAR O CORREO Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (OBRIGATORIO TODOS OS DOCUMENTOS): - DECLARACIÓN DE RESPONSABILIDADE (REENVIAR FIRMADA)
- FOLLA INSCRIPCIÓN TEMPORADA 2021-2022 (REENVIAR FIRMADA)
- XUSTIFICANTE DE PAGO CUOTA 150€ NA CONTA: ABANCA ES32 2080 5168 1830 4002 3726
(IMPORTANTE QUE APAREZCA O NOME DO NEN@S, REENVIAR)
- PROTECCIÓN DE DATOS (REENVIAR FIRMADA)
- REGULAMENTO DAS EDC VERIN (estas son para que se queden con elas os nen@s) |