O ourensán Sergio Pazos foi a figura homenaxeada na VI edición do fic Vía XIV de Verín Imprimir
Sábado, 11 Setembro 2021 00:00

O ourensán Sergio Pazos foi o artista homenaxeado na VI edición do FIC Vía XIV de Verín, sucedendo así a Luis Zahera, a quen se homenaxeou o ano pasado. Ao igual que Zahera, Sergio Pazos posúe unha ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro, do cinema e da televisión.



A organización do FIC Vía XIV decidiu distinguir a Pazos pola súa conexión con Ourense e a súa provincia. Na homenaxe que se lle rendirá incluirase o visionado dalgunhas das curtametraxes na que Pazo participou e que son representativas da súa carreira. Posteriormente, o propio Sergio Pazos participará nun coloquio cos asistentes ao acto de homenaxe, que se celebrará, ao igual que o resto de actividades paralelas do certame, no Auditorio de Verín.

Principales traballos

Entre otros, Pazos ha trabajado para diversos films de televisión y cine tales como Ni se te ocurra, Un soño de verán, A fiestra baldeira, La Ley de la frontera, A Esmorga, Airbag, Muertos de risa, Galáctea: a conquista da vía láctea, Tuno negro, Binomio. Los siameses españoles, Las rubias los prefieren caballeros, Lisístrata, El lápiz del carpintero, ¡Hay motivo!, Hot milk El don de de la duda.