A Policía Local de Verín suma dous novos vehículos á súa frota Imprimir
Luns, 13 Setembro 2021 14:20

 A concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, anunciou esta mañá que nos próximos días o  Concello de Verín recibirá dous novos vehículos, destinados a aumentar os recursos e medios cos que conta a Policía Local de Verín.


O pasado 9 de xuño do 2021 asinouse coa empresa Grupivazgle SL contrato de subministración por renting destes vehículos por un período total de 5 anos. Cabe destacar que será a primeira vez que a frota local conte cun vehículo híbrido, contribuíndo así a lograr os obxectivos marcados pola Axenda 2030.

«Ademais», matizou Rodríguez, «somos conscientes de que o número de efectivos no corpo de Policía Local do  Concello de Verín diminuíu debido a prexubilacións e incapacidades absolutas no seu persoal. É por isto que desde o grupo de goberno aprobamos dúas ofertas de emprego público (2019 e 2021) cuxa finalidade é dotar de tres efectivos máis á policía local.»

Segundo explicou Rosario Rodríguez, a día de hoxe, non é posible sacar ditas prazas xa que os sindicatos CIG e CSIC teñen recorridas ambos a oferta pública do ano 2019, e CIG tamén a oferta correspondente ao ano 2021. «É sorprendente que estando a CIG sentada na negociación da Oferta Pública de  emprego (OPE) 2021, na que se dota de novos efectivos á Policía Local de Verín, agora atopámonos con que leste mesmo sindicato presenta unha demanda impugnando dita oferta o pasado mes de xullo».

Por último, Rodríguez anunciou tamén que o concello ten “encima da mesa” a oferta económica correspondente ao mantemento da zona azul, a cal permitirá a posta a piques dos  parquímetros, e cuxa xestión e mantemento será realizará por persoal municipal.