O Concello de Verín, ABANCA e Afundación mostran «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló» |
Xoves, 07 Outubro 2021 10:51 |
O Concello de Verín, ABANCA e Afundación inauguraron onte, mércores 6 de outubro ás 11.15 h, a mostra «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló». Ao acto asistiron Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Pablo Villar, director da oficina de ABANCA en Verín; e Xosé Carlos Caneiro, vicepresidente de Afundación. A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase contemplar na Sala de Exposicións de Verín ata o 5 de novembro de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00 h. As imaxes están dispoñibles aquí: https://drive.google.com/drive/folders/1AtavjMwIA2oAAOFBlgVz6tAdhvatq7KG?usp=sharing A través dos artistas máis destacados do século XX español, esta exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico e as súas variantes, en especial a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan nítida xa que os artistas actuais son capaces de combinar as distintas técnicas e mesmo e inventarse outras novas. Esta mostra é froito da colaboración enmarcada no proxecto « Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade. Unha mostra con fondos dá Colección de Arte de Afundación |