Recoñecemento ás Persoas Maiores: Entrega de diplomas de aproveitamento dos cursos enmarcados no proxecto municipal "Doantes de Sabedoría" Imprimir
Martes, 31 Outubro 2023 13:14

Esta mañá, os cincuenta alumnos e alumnas sénior que participaron nos cursos ofertados no marco do proxecto municipal "Doantes de Sabedoría" recibiron os seus diplomas acreditativos por parte da concelleira responsable da área de Servizos Sociais, Rosario Rodríguez. Esta iniciativa ten como obxectivo enriquecer a vida das persoas maiores da comunidade, dotándoas das habilidades e coñecementos necesarios para participar plenamente na era dixital e aproveitar ao máximo a tecnoloxía moderna.


No marco da iniciativa “Doantes de Sabedoría impartíronse dous cursos. O primeiro, baixo o título “Manexo de Teléfonos Móbiles para Persoas Maiores”, foi deseñado baseándose nas necesidades reais das persoas maiores, co fin de revelar o potencial dos teléfonos móbiles na vida cotiá; tendo en conta que estes dispositivos convertéronse nunha ferramenta esencial para manter o contacto con familiares e amigos a través das redes sociais ou aplicacións de mensaxería instantánea.

O segunda formación, “Curso Básico de Informática e Internet para Persoas Maiores”, tivo como finalidade reducir a brecha dixital e capacitar ás persoas maiores con habilidades clave para buscar información e utilizar a tecnoloxía de maneira efectiva. O mesmo estivo especialmente deseñado para aqueles que nunca tiveron contacto coa informática ou cuxos coñecementos nesta área son mínimos, dispersos ou erróneos.

Segundo destacou a técnico responsable desta formación, Blanca López Mascareñas, os participantes nos cursos aprenderon habilidades como: realización de videochamadas, navegación por internet, uso de alarmas e apps como Whatsapp, instalación de aplicacións (como a do SERGAS), xestión e programación de citas médicas, «así como a habilitación nos seus dispositivos da hoxe xa imprescindible CHAVE 365 da Xunta de Galicia ou a importancia de coñecer os perigos da navegación, estafas e seguridade nos teléfonos».

A concelleira responsable do área de Servizos Sociais, Rosario Rodríguez, expresou o seu agradecemento a todos e todas as participantes e anunciou que «debido a gran acollida que tiveron estas formacións, podemos anunciar xa que, sen dúbida, volveranse a ofertar o ano que ven».

Programa Voluntariado Sénior

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Verín solicitou a subvención do “Voluntariado Sénior” ofertada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Este proxecto, no que se enmarca a iniciativa municipal “Doantes de sabedoría”, ten como finalidade contribuír a mellorar a calidade de vida dos maiores, realizando actividades orientadas a eliminar estereotipos, creando unha imaxe máis social e dinámica.

Nesta iniciativa, organizada polo departamento de Oficina Xuventude (voluntariado) e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, participan voluntarios sénior que apoian o traballo que realizan os técnicos da área de Servizos Sociais municipais, e do que se benefician mais de 650 persoas.