Subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos turísticos Imprimir
Xoves, 19 Xuño 2008 12:06

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:


- Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede a súa convocatoria para o ano 2008.

 


Esta orde ten como fin o apoio a asociacións para a realización de investimentos relacionados coa promoción e difusión de festas, romarías, exposicións, festivais, certames e outros eventos de interese turístico ou manifestacións populares de semellante carácter que se celebren en Galicia no ano 2008 e que cumpran os seguintes requisitos:

* Que se trate de celebracións de eventos que xiren en todo caso ao redor de manifestacións de interese cultural, lúdico, folclórico, artístico, relixioso, gastronómico, deportivo ou ambiental.
* Que se trate de actuacións que acentúen a valoración das tradicións populares e posúan unha especial importancia como atractivo turístico cara ao pulo económico da comarca.

O importe das subvencións concedidas poderán acadar un máximo de axuda de ata o 75% do investimento subvencionable co tope de 6.000 euros por entidade. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de outubro de 2008.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.