Entradas gratuítas para o partido entre COB-Aguas de Sousas e Clínicas Rincón Axarquía Imprimir
Martes, 04 Xaneiro 2011 19:32

A partir de mañá, 5 de xaneiro, os/as nenos/as verinenses afeccionados/as ao baloncesto poderán recoller, na oficina de información do Concello de Verín, entradas gratuítas para o partido de baloncesto entre o Club Ourense Baloncesto-Aguas de Sousas e Clínicas Rincón Axarquía.

Devanditas entradas, un total de 300, están destinadas a nenos/as menores de 16 anos e serán válidas para o enfrontamento entre o equipo ourensán e o Clínicas Rincón Axarquía, que terá lugar o vindeiro domingo 9 de xaneiro, ás 19 horas, no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

As mesmas foron entregadas polo Club Ourense Baloncesto-Aguas de Sousas tras as xestións efectuadas pola Concellería de Mocidade, Deportes e Festexos de Verín.