O Concello de Verín conmemora o centenario de Manuel Santamarina González Imprimir
Venres, 07 Xaneiro 2011 14:41

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro de Festexos, Mocidade e Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, acudiron esta mañá á localidade de Tintores para entregarlle unha placa conmemorativa a Manuel Santamarina González, con motivo do seu 100 aniversario.


Este veciño de Tintores cumpliu 100 anos o pasado 1 de xaneiro, e con el xa son sete os verinenses empadroados que superan esta idade: María Taboada Peña (109 anos), Josefa Rodríguez Arias (106 anos), Josefa Vega Obes e Amalia García Rodriguez (102 anos), Luisa Ernestina Álvarez Rivera e Adosindo Jesús (101 anos) e Manuel Santamarina González (100 anos).