Día do Libro na Biblioteca de Verín Imprimir
Venres, 15 Abril 2011 11:58

Con motivo do Día do Libro a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización de actividades culturais e lúdicas durante a próxima semana:

- Luns 18 e martes 19 de abril. Colocación dun stand fronte ás instalacións da biblioteca, onde se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral (dependendo das condicións meteorolóxicas).

Trátase dunha actividade onde libros saen a rúa para acercarse o máis posible aos/ás lectores/as, intentando subliñar, de modo simbólico, a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.

O stand estará a cargo dos/as voluntarios/as da instalación de 11 a 13 e de 17 a 19 horas.

- Mércores 20 de abril (de 18 a 19.30 horas). Constitúe unha actividade clásica na Biblioteca Pública Municipal de Verín, que se celebra fai desde cinco anos en compañía dos máis pequenos/as. Realizaranse contos clásicos e máis actuais para nenos/as de entre 3 a 10 anos, socios/as da instalación e empadroados/as en Verín. Ao finalizar terán lugar manualidades impulsadas por voluntarios/as da biblioteca, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos.