O Concello de Verín conta cun novo vehículo de Policía Local Imprimir
Xoves, 31 Xullo 2008 17:38
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza entregou ao Concello de Verín, a través da Dirección Xeral de Administración Local, un novo automóbil para o servizo de Policía Local.
Con este coche elévase a catro o número total de vehículos, ademais de tres motocicletas, cos que conta a sección de Policía Local do Concello de Verín, o que “permitirá mellorar o servizo ofertado aos verineses”, segundo indica o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán.