Inicio da realización de actividades de dinamización TIC en Verín Imprimir
Martes, 19 Abril 2011 10:28

O Concello de Verín, en colaboración coa Rede Cemit (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), informa do inicio da realización de actividades de dinamización de novas tecnoloxías nas materias de iniciación á informática e internet, procesadores de textos, follas de cálculo ou base de datos, e busca de emprego na rede.

O obxectivo da Rede Cemit é ser un elemento vertebrador e camiño de futuro dentro das novas tecnoloxías, que baixo unha estratexia global de coordinación permitirá que todas as persoas interesadas poidan formarse e mellorar os seus coñecementos en diversas áreas como a alfabetización dixital, orientación laboral, as redes sociais, o comercio e a banca electrónica, ou a Administración electrónica.

A rede ofrece tres tipos de servizos: formación gratuíta (tanto presencial como on line), actividades de difusión que inclúen charlas e xornadas de divulgación, e aula aberta co fin de que calquera persoa utilice gratuíta e libremente a infraestrutura da rede.

Todos/as interesados/as en participar deben acudir ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal de Verín, onde se realizará a inscrición dos cursos ofertados, co fin de completar un grupo suficiente para comezar a impartilos. Ademais, se existise demanda doutro curso distinto, procederíase a súa ensinanza no momento de cubrir as prazas.

Para máis información, deben dirixirse á Biblioteca de Verín (situada na Avenida de  Portugal, 11), no teléfono 988-414776 (no horario de 10 a 13.30 e de 16 a 20.30) ou no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo