V Xornadas de Deporte e Saúde Imprimir
Xoves, 26 Maio 2011 11:40

O Concello de Verín organiza a quinta edición das Xornadas de Deporte e Saúde, destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

Esta iniciativa terá lugar entre os días 28 de maio e 17 de xuño, ampliándose de dezaoito xornadas a vinte nesta edición, e nas mesmas organizaranse as seguintes actividades:

- V Encontro Deporte e Saúde (28 de maio)
* Iniciativa programada para asociacións rurais e de mulleres da provincia de Ourense, que desenvolven durante o ano actividades deportivas saudables, socios e alumnos de cursos de instalacións deportivas e centros sociais, e integrantes de colectivos participantes en actividades específicas como baile,  tai chi, pilates ou ioga.
* Realización de actividades como aerobic, zumba, ioga, baile, pilates e streching a cargo dos diferentes especialistas de Saudeter (IV premio Agader 2010).
* Participación de Antonio Piñeiro, promotor do cachibol en España (actividade deportiva de orixe mexicana similar ao voleibol pero coa diferencia que se permite a retención do balón coas dúas mans), que explicará as regras do xogo e amosará vídeos representativos deste deporte. A continuación terá lugar unha exhibición dos equipos femininos de cachibol de Vigo, Xinzo y Verín).
* Exhibición de acrosport realizada por nenas do grupo desta actividade de Xinzo de Limia.
* No complexo deportivo de A Granxa, a partir das 15.30 horas.
* Organiza o Concello de Verín en colaboración coa Eurocidade  Chaves-Verín e Saudeter.

- 1ª Xornada da fase de ascenso á Liga Galega de Cadetes (28 de maio)
* Partido entre o equipo das Escolas de Fútbol do Concello de Verín e Alerta Traviesas de Vigo.
* No complexo deportivo de A Granxa, ás 17.30 horas.
* Organiza o Concello de Verín.

- IV Marcha Val de Monterrei-Verín  (29 de maio)

* A saída terá lugar ás 9.30 horas, desde o Pavillón de Deportes e conta con tres percorridos: unha ruta de 38 quilómetros (dificultade media), outra de 55 (dificultade media-alta) e un paseo infantil. O trazado discorrirá polos municipios de Verín, Castrelo do Val, Laza e Monterrei. Participarán máis de 200 ciclistas procedentes non só de Galicia senón tamén do norte de Portugal e outras provincias españolas.
* Organiza o Club BTT Verín en colaboración co Concello de Verín.

- 3ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín pola ‘Ruta da Fronteira’ (29 de maio)

* Ruta de 10 quilómetros e dificultade media que se iniciará en Feces de Cima e percorrerá as localidades de Lamadarcos, Feces de Abaixo e Vila Frade.
* Para achegarse a localidade de inicio da andaina sairá un autobús da praza do Concello de Verín, ás 9.30 horas. Ás 12.30 horas se realizarán actividades de relaxamento para os/as participantes na zona do santuario de Santa Marta (Vila Frade).
* Nesta actividade, organizada pola Eurocidade, tamén participan Concello de Verín, Municipio de Chaves, Cruz Vermelha Chaves, Cruz Vermella Verín, Bombeiros Chaves, Bombeiros Verín, Protecção Civil, Protección Civil Verín.

- 1º Torneo de Padel ‘Concello de Verín’ (a partir do 30 de maio)
* Destinado a fomentar a práctica de novas disciplinas deportivas no municipio. Participarán no mesmo, que terá lugar durante todo o mes de xuño, 15 equipos conformados por 2 ou 3 xogadores de 16 anos en adiante.
* No complexo deportivo de A Granxa, de luns a venres, entre as 20 e 22 horas.
* Trofeos donados por Multisport e premio especial para os campións concedido polo Parador de Turismo de Verín.
* Organiza o Concello de Verín.

- Charlas ‘Nutrición e Deporte’ e “Cando o deporte deixa de ser saudable’ (1 de xuño)
* Impartidas por Iria Pinal Osorio (endocrinóloga e nutricionista) e Cesáreo Álvarez Rodríguez (coordinador de Urxencias do Hospital Comarcal de Verín).
* Na Casa da Cultura, ás 20 horas.
* Organiza o Concello de Verín coa colaboración do Hospital Comarcal de Verín.

- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Verín (2 de xuño)
* Exhibición dos/as alumnos/as das distintas disciplinas deportivas das Escolas Municipais 2010-2011.
* No Pavillón de Deportes, a partir das 18 horas.
* Organiza o Concello de Verín.

- Final da Liga Local de Fútbol Sala (3 de xuño)
* Último partido da tempada 2010-2011.
* No Pavillón de Deportes, a partir das 20.45 horas.
* Organiza a Liga Local de Fútbol-Sala coa colaboración do Concello de Verín.

- 2º Torneo Internacional Fútbol 7 – Benxamín (4 de xuño)
* Participan catro equipos de benxamín das Escolas de Fútbol do Concello de Verín (tres deles participantes na Liga Provincial de Benxamíns), AD Flaviense, GD Chaves, GD Boticas, EDC Celanova e ED Benfica.
* No complexo deportivo de A Granxa, de 10 a 20.30 horas.
* Organiza o Concello de Verín en colaboración co Municipio de Chaves e a Eurocidade Chaves-Verín.

- Finais das Ligas de Fútbol Sala Infantís (10 de xuño)
* Últimos partidos da tempada 2010-2011 nas categorías infantís de Fútbol Sala.
* No complexo deportivo de A Granxa, de 17 a 21 horas.
* Organiza o Concello de Verín.

- Final da Liga de Fútbol 7 – Veteranos (17 de xuño)
* Último partido desta competición para veteranos (maiores de 30 anos), que se desenvolveu desde a segunda quincena de outubro ata o mes de xuño.
* No complexo deportivo de A Granxa, a partir das 20.30 horas.
* Organiza o Concello de Verín.