O Club de Natación de Verín participa no Torneo de Escolas de Natación en Chaves |
|
Xoves, 02 Xuño 2011 12:11 |
O vindeiro sábado 4 de xuño, a partir das 16 horas, vinte e dous nenos/as do Club de Natación de Verín participarán no Torneo de Escolas de Natación, que terá lugar na piscina climatizada de Chaves.
No torneo, orientado a nenos/as de ambos sexos e sen licencia federativa en vigor, tamén competirán nadadores das Escolas Deportivas da Piscina Climatizada de Allariz e Club de Natación Chaves. Este campionato consta das categorías benxamín (2000-2001-2002), alevín (1998-1999) e infantil (1997 e anteriores), e das seguintes probas: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín e infantil, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, 25 metros braza benxamín e alevín, 50 metros braza infantil, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín e infantil, e 4 x 25 relevos.
|