Inicio dos cursos de informática na Biblioteca do Concello de Verín Imprimir
Luns, 06 Xuño 2011 11:49

Na xornada de hoxe comezaron os Obradoiros de Alfabetización Dixital, organizados pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Rede Cemit (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), nas materias de iniciación á informática e internet, procesadores de textos, follas de cálculo ou base de datos, e busca de emprego na rede.


Estes obradoiros impártense na nova aula multimedia desta instalación municipal nos horarios de 10 a 12, de 16 a 18 horas e de 20 a 22 horas -ésta última quenda destinada a xente traballadoras-. O obxectivo da Rede Cemit é ser un elemento vertebrador e camiño de futuro dentro das novas tecnoloxías, que baixo unha estratexia global de coordinación permitirá que todas as persoas interesadas poidan formarse e mellorar os seus coñecementos en diversas áreas como a alfabetización dixital, orientación laboral, as redes sociais, o comercio e a banca electrónica, ou a Administración electrónica.

Para máis información, deben dirixirse á Biblioteca de Verín (situada na Avenida de Portugal, 11), no teléfono 988-414776 (no horario de 10 a 13.30 e de 16 a 20.30) ou no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall