Clínica Veterinaria Albeitar proclamouse vencedor da Copa de Fútbol 7 – Veteranos, tras vencer por 1 a 0 ao equipo da Gasolinera Feces/Horto Verín/Baira Pousa, no partido disputado o pasado venres 17 de xuño no complexo deportivo A Granxa.
Ao finalizar este partido, os participantes deste torneo e da Liga de Fútbol 7- Veteranos realizaron unha cena conxunta na que se repartiron os seguintes trofeos da tempada 2010-2011:
- Premio á constancia: Antonio Rivero (Gasolinera Feces/Horto Verín/Baira Pousa). - Xogador revelación: Pedro García (Frutas Verín). - Xogador máis regular: Pachi Page (Restaurante Zapatillas-Caruso) e Juan José González ( Bar A Veiga-Diliven). - Mellor adestrador: Linos Castro (Publipan-Bar Reigada) - Mellor porteiro: Roberto Quintairos (Viana) - Equipo máis deportivo: Gandainas - Equipo revelación: Viana - Equipo máis combativo: Granitos Tintores - Equipo máis veterano: Geratón - Premio á cobertura deportiva: Saudeter (páxina web) e Onda Cero (tertulias deportivas)
A clasificación da Liga de Fútbol 7- Veteranos (maiores de 30 anos), desenvolvida desde a segunda quincena de outubro ata o mes de xuño, foi: Clínica Veterinaria Albeitar (1º), Restaurante Zapatillas-Caruso (2º), Vilela (3º), Meigallo-Canasta (4º), Gasolinera Feces/Horto Verín/Baira Pousa (5º), Geratón (6º), Viana (7º), Granitos Tintores (8º), Frutas Verín (9º), Publipan-Bar Reigada (10º), Villaza (11º), Pub Gandainas (12º), Veteranos Verín-Panadería Lolo (13º), Bar A Veiga-Diliven (14º) e Os Kalaveras (15º).
|