XIX Festival Coral de Verín |
|
Martes, 21 Xuño 2011 11:48 |
O próximo sábado 25 de xuño, a partir das 20 horas, a Igrexa dos Padres Mercedarios acollerá o XIX Festival Coral de Verín.
Neste acto participarán a Coral 'A Barcarola' (Pontecesures), Coral 'Don Diego' (Muros) e Asociación Verinense 'Amigos da Música' (Verín), que interpretarán os temas Lévame, Bello Ángel Mío, Morriña, Non tardes Ton, Habanera de don Gil de Alcalá, La perla, Solamente una vez, Himno o amor ou A Caracola, entre outras.
No festival, organizado pola Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, colaboran Concello de Verín, Deputación de Ourense, Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense,Coca-Cola, Ordenadores Verín S.C. e Saudeter. |