Obradoiros 'Prevención da dependencia e pautas ao coidador no rural' Imprimir
Xoves, 07 Xullo 2011 12:34

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín organiza ata o mes de outubro obradoiros de 'Prevención da dependencia e pautas ao coidador no rural', destinados a maiores de 65 anos e coidadores de persoas dependentes.

Devanditos obradoiros gratuítos, de catros sesións en cada localidade, teñen carácter teórico-práctico e divídense nos seguintes ámbitos: introdución, funcións cognitivas -memoria-, mundo emocional -funcións emocionais- e autoestima -inclúe hábitos da hixiene do sono, alimentación e nutrición-. Os mesmos, impartidos por unha psicólogo especialista, xa se realizaron en Feces de Abaixo, Mandín e Tamagos, e nos vindeiros meses visitarán outras localidades do municipio de Verín.

Os obxectivos de 'Prevención da dependencia e pautas ao coidador no rural' son fomentar a autonomía e contribuír a atrasar as perdas motoras sensoriais e cognitivas, promover un estilo de vida activo e participativo orientado ao desenvolvemento da autonomía persoal, mellorar as habilidades sociais de relación e comunicación; potenciar capacidades residuais da persoa na área física e de relación e natureza motivacional, e impulsar a participación dos maiores en recursos comunitarios.