O equipo Tintores, vencedor do I Torneo de Pádel de Verán 'Vila de Verín' Imprimir
Martes, 16 Agosto 2011 12:52

O equipo Tintores proclamouse vencedor do I Torneo de Pádel de Verán ‘Vila de Verín’, organizado polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín.

No mesmo, celebrado do 12 ao 14 de agosto, participaron doce equipos do municipio. Os tres primeiros clasificados foron: Tintores -120 euros en tarxeta regalo comercio local e trofeo-, Los Marit -60 euros en tarxeta regalo comercio local e trofeo- e Minis -30 euros en tarxeta regalo comercio local e trofeo-

Os premios foron entregados na tarde do 14 de agosto polo rexedor municipal, Juan Manuel Jiménez Morán, e a concelleira da área de Sanidade, Consumo e Educación, María Luisa Salgado Carballo.