Os equipos Ivori-Blanco, Monterrei e Socitransa, acadaron os mellores resultados no III Campionato de Fútbol 3 x 3 Imprimir
Martes, 16 Agosto 2011 12:53

Os equipos Ivori-Blanco, Monterrei e Socitransa lograron os tres primeiros postos da terceira edición do Campionato de Fútbol 3 x 3, organizado pola área de Mocidade, Deporte e Festexos do Concello de Verín, coa colaboración de Espina & Delfín.


Este torneo, no que participaron dez equipos, celebrouse na praza García Barbón de Verín do 8 ao 12 de agosto. Esta iniciativa, realizada baixo o lema ‘Deporte na Rúa’, estivo conformada por dúas categorías: Nados/as entre 2000 e 2001, e Nados/as desde o 2002 ata o 2005.