Outono na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Martes, 04 Outubro 2011 09:56

O vindeiro venres 14 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Outono na Biblioteca', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de monicreques, por parte dos/as alumnos/as do Curso de Animador Sociocultural de Medio Ambiente, e de manualidades como un centro de mesa de outono deseñado con follas, ramas ou flores secas -que debe ser portado polos/as propios/as nenos/as-. Esta última actividade estará coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall