Educación en consumo Imprimir
Luns, 15 Setembro 2008 10:54
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Verín e a Asociación de Mulleres “Airiños da Terra” organizaron o curso “Educación en consumo”, co fin de educar aos consumidores e evitar a vulneración dos seus dereitos. Nesta actividade, de 10 horas de duración, tratáronse diversas temáticas, desde como reclamar cando se queda insatisfeito co produto adquirido ata a Lei de Garantías, pasando polo Arbitraxe de Consumo.
Dende o Concello de Verín recórdase que a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), situada na Casa da Xuventude, é un servizo o gratuíto que se ofrece aos verinenses coa finalidade de informar, orientar e educar aos consumidores, así como tramitar queixas, reclamacións e denuncias dos consumidores, mediando entre as partes, cando sexa oportuno, para a resolución dos conflitos e a promoción e información sobre o Sistema Arbitral de Consumo.