Ciclo Filmes de nós na Casa da Cultura de Verín Imprimir
Martes, 30 Setembro 2008 09:34
Desde o día 1 até o 29 de outubro, a Casa da Cultura de Verín acollerá o programa Filmes de nós, no que se exhibirán cinco películas, realizadas ou inspiradas en Galicia.

O lapis do carpinteiro, Sempre Xonxa, Sei quen es, Martes de Carnaval e Arde amor son os filmes deste ciclo cinematográfico que organiza o Concello de Verín coa colaboración do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), a institución responsable dos ámbitos audiovisuais e fotográficos en Galicia.

As proxeccións realizaranse todos os mércores ás 20 horas con entrada libre