Contacontos e Manualidades, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do Colexio Rural Agrupado Imprimir
Martes, 14 Abril 2009 13:46
Durante os días 16 e 17 de abril, os/as nenos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei participarán nunhas xornadas de contacontos e manualidades, organizadas na Biblioteca Municipal de Verín.

Máis de 60 alumnos/as das antigas aulas das Escolas Unitarias -que englobaban aos centros de Pazos, Feces de Abaixo, Vences, Vilaza e A Xironda- asistirán a unha actividade que ten como obxectivo dar a coñecer o servizo bibliotecario entre os/as nenos/as que teñen menos posibilidades de acceder a el, polo seu afastamento xeográfico; así como celebrar o Día do Libro.

Devandita actividade está organizada entre polo Colexio Rural Agrupado de Monterrei e a Biblioteca Pública Concello de Verín.