Inicio das obras de abastecemento, saneamento e pavimentación da rúa Espido Imprimir
Venres, 24 Abril 2009 11:10

Na próxima semana, iniciaranse as obras de abastecemento, saneamento, rede de pluviais, pavimentación e construción de beirarrúas na rúa Espido, proxectadas pola anterior Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e cuxo orzamento ascende aos 232.000 euros.  

Con esta actuación, que busca concluír a continua rotura de tubaxes en devandita rúa, executaranse na rede de abastecemento dous ramais centrais que transcorren por sendas aceiras do tramo entre as rúas Cancelón e Irmáns Moreno, debido a que xa se acometeron os tramos iniciais e finais do mesmo. Ademais, co fin de evitar a chegada de augas limpas á sobrecargada EDAR construirase unha rede separativa, cun único colector central na rúa Espido; a canalización do regato procedente de Ábedes, construción de beirarrúas e a pavimentación do viario.