Ciclo de curtametraxes ‘O pequeno é fermoso’ Imprimir
Luns, 04 Maio 2009 10:56
Na xornada de hoxe, a partir das 20.15 horas, na Casa da Cultura proxectaranse Cousas do Kulechov, de Susana Rei Crespo. Nun percorrido pola paisaxe, as costumes e a actualidade galega, esta historia narra un suposto conflito bélico onde o exército invasor ataca as costas galegas. Constrúese un falso documental, no que a flota de guerra son as bateas ordenadas sobre a ría, sen esquecer o asalto ás praias ou as mariscadoras entrando no mar, entre outros aspectos.