Concerto de guitarra de Breogán Prego Moreno Imprimir
Venres, 15 Maio 2009 11:18
O próximo luns 18 de maio, a partir das 20.15 horas, na Casa de Cultura terá lugar o concerto de guitarra de Breogán Prego Moreno.

En devandito concerto, organizado polo Concello de Verín en colaboración co Conservatorio Elemental de Música da localidade, o músico interpretará composicións antigas e dos séculos XIX e XX, pertencentes a autores como Francisco Tárrega, Leo Brouwer, Fernando Sor, Johann Sebastian Bach, Luis de Narváez ou John Dowland, entre outros.

Breogán Prego Moreno naceu hai trinta anos na cidade suíza de Xenebra. De pais galegos, durante algúns anos viviu en A Coruña até que foi a estudar música jazz a Madrid. Co tempo, o interese pola música clásica levouno a compaxinar tanto a guitarra eléctrica como a clásica, e desprazouse a Granada, onde estudou no Conservatorio Superior ‘Victoria Eugenia’. Na actualidade este compositor, tamén membro do grupo Menada Fol., exerce como profesor titular de guitarra clásica na Escola Municipal de Música de Almazán (Soria).