Presentación da web da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín Imprimir
Venres, 22 Maio 2009 14:47
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e os concelleiros de Cultura e Deporte, Corona Meixeira Romasanta e Víctor Baladrón Lamas, respectivamente, presentaron a nova web da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Este site, ao que se pode acceder dende a web municipal -www.verin.es-, está realizado en galego, castelán e portugués; e os usuarios poden atopar información sobre os seguintes aspectos: catálogo on line (OPAC), Compendio Educativo na Rede (CER), normativa, novedades e actividades realizadas no interior da mesma, campañas de animación á lecutra ou biografía e obra dos escritores da comarca de Verín, entre outros.