Preinscrición de matrícula no Conservatorio Elemental de Música Imprimir
Luns, 25 Maio 2009 08:15
O Conservatorio Elemental de Música de Verín abre o seu prazo de preinscrición de matrícula do curso oficial 2009-2010, para nenos/as que teñan oito anos ou os cumpran antes do 1 de xaneiro de 2010.
   
No Conservatorio de Verín impártense os catro primeiros cursos oficiais de trompeta, clarinete, saxofón, violín, guitarra e piano. Cada alumno/a recibe un total de catro horas á semana de formación nas disciplinas de linguaxe musical, educación auditiva e vogal, e instrumento. Ademais, o centro organiza audicións e concertos para educar como espectadores activos aos alumnos e para que actúen.

O prezo da matrícula é de 159,87 €. Este é o único pagamento durante o curso académico. De seren familia numerosa de 2ª categoría, teñen dereito a desconto no prezo da matrícula do 35 %, a mesma cantidade  o segundo membro e seguintes, se está máis dun membro da familia matriculado, que pagarán, cada un, 103,92 €. Os membros de familia numerosa de 1ª categoría teñen un desconto do 20 %, pagando 127,9 €.

Para tramitar a preinscrición, cuxo prazo remata o 12 de xuño ás 12 horas, debe completar un formulario e remitilo á Oficina de Información da Casa do Concello de Verín. Tamén se pode xestionar a través do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .