XVI Festival Internacional de Corais Imprimir
Xoves, 18 Xuño 2009 09:05
O próximo sábado 20 de xuño, a partir das 20.30 horas, a Igrexa dos Padres Mercedarios acollerá o XVI Festival Internacional de Corais de Verín.

Neste acto participarán o Coro de Cámara ‘Club Artístico’ (Ribadavia), Coral Polifónica ‘Ecos do Ulla’ (Monterroso) e Coral Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, que interpretarán os temas Alalá de Noia, A tu lado, O cuco, Alalá do Ulla, Miña Galicia, Os meus amores, Sementeira, Oh rama ou Volver, entre outros.

No festival, organizado pola Coral Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, colaboran entidades como o Concello de Verín, Deputación de Ourense, Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, Denominación de Orixe Monterrei ou a Federación Coral Galega.