O Concello de Verín publicará simultaneamente na súa web e redes sociais as coplas dos "Maios Solidarios" Imprimir
Mércores, 29 Abril 2020 00:00

O vindeiro 1 de maio, ás 00:01 horas, publicaremos simultaneamente na nosa web e redes sociais as coplas dos “Maios Solidarios”, adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles.

Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes -así como a elaboración dos Maios Florais- debido ás restricións derivadas do actual estado de alarma, este ano o ente municipal doará, integramente, a cantidade orzamentada para devanditos festexos á investigación da vacina contra o COVID-19.

Así mesmo, O Concello anima a facer unha doazón solidaria para o mesmo ?n ao Centro Nacional de Biotecnología (CNB) do Consejo Superior de Investigaciones Cientí?cas (CSIC) ás persoas que poidan e queiran facela.

Hai dúas opcións, en función de se desexan obter o certificado e deducir a doazón ou non.


SEN CERTIFICADO

Doazón de 0 até 1000 €, non deducible, realizando unha transferencia á conta do CSIC

ES07 9000 0001 2002 2000 0047

Indicar no concepto: "Donativo al CNB- CSIC".


CON CERTIFICADO DA DOAZÓN

Doazón de 0€ até 5.000 €, deducible, realizando unha transferencia á conta do CSIC

ES07 9000 0001 2002 2000 0047

Indicar no concepto: "Donativo al CNB-CSIC (inclúe nome e apelidos (ou razón social) + DNI/CIF/NIE)"

O CSIC emitirá un certificado xustificativo da doazón e comunicará os datos a AEAT para que conste como deducible. Se quere recibir o certificado, escriba, identificando o donativo realizado, a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Descarga aqui o PDF de MAIOS SOLIDARIOS VERIN 2020