O complexo deportivo de “A Granxa” reabre este mércores as súas instalacións para o aluguer de pistas de tenis e pádel Imprimir
Martes, 02 Xuño 2020 19:27

 A concellería de Deportes do Concello de Verín informa que o complexo deportivo de “A Granxa” reabre mañá as súas instalacións para o aluguer de pistas de tenis e pádel.

Para acceder ás pistas será necesario realizar a reserva antes das 12:00 m. do día anterior. A mesma formalizarase vía telefónica (988 411226) en horario de luns a venres de 09:00 a 12:00 horas.

O horario de apertura das instalacións será o seguinte:

• Mañá: 09:00 a 13:00 horas

• Tarde:  18:00 a 22:00 horas

As medidas establecidas de prevención e hixiene fronte á  COVID-19 son as seguintes:

- Os usuarios deberán acudir á instalación 10 minutos antes da hora reservada para realizar o protocolo de hixiene previo á entrada á instalación.

- Para acceder á instalación é obrigatorio que usen mascarilla, deberán limparse as mans cunha solución desinfectante e terán que traer dobre calzado (un de rúa e outro para adestrar).

- Os deportistas terán que acudir á instalación coa súa roupa deportiva porque os vestiarios e baños do pavillón permanecerán pechados.

- Está prohibida a entrada con síntomas de febre e malestar respiratorio.