Abre o prazo de inscrición para a Ludoteca Deportiva 2020 Imprimir
Luns, 22 Xuño 2020 12:11

 Desde a concellería de Deportes de Verín infórmase que dende o 23 de xuño abre o prazo de inscrición para o programa deportivo “Ludoteca Deportiva 2020”, unha iniciativa lúdico-deportiva que se desenvolverá desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto.

Debido ás especiais condicións de seguridade e protección que nos obriga a aplicar a situación actual da pandemia provocada pola covid-19, esta actividade estará destinada a un máximo de 60 menores, nados dende o 2006 ata o 2014.


O programa mantén nesta edición a ampliación horaria implementada o curso pasado, tendo este servizo como horario básico dende as 09.30 ata ás 13.30 horas.

O funcionamento interno ven racionalizado por grupos de idade homoxéneos para facilitar a adaptación aos diferentes xogos e á convivencia cos seus compañeiros. Os devanditos grupos son: 6 a 7 anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 14 anos.

Respecto ás modalidades de inscrición, os usuarios dispoñen de:

-  Grupo Xeral de 3 días/semana (luns – mércores - venres)

  • Idades: 6 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.
  • Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas.

 

-  Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns – mércores - venres)

  • Idades: 7 a 14 anos.
  • Lugar: Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
  • Actividades: actividades deportivas de fútbol e fútbol-sala e acuáticas ao aire libre.

 

-  Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres)

  • Idades: 6 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.
  • Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas

 

-  Grupo Mixto de 5 día?s/semana (luns a venres)

  • Idades: 7 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes, Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
  • ?Actividades: Combina a asistencia ao grupo de fútbol (luns, mércores e venres) co xeral (martes e xoves).

Ademais, ofértase a opción de elixir temporalidade -quincena, mes ou dous meses (inscrición completa)- e os prezos para participar nesta edición da Ludoteca Deportiva son os seguintes:


Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre cubrir a folla de solicitude, entregar unha fotocopia do DNI e o xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora, ademais dunha fotocopia, ou amosar no seu caso, a condición de eurocidadán/empadroado do menor, para entregar todo nas oficinas do pavillón municipal ata que se cubran as prazas dispoñibles. O horario normalizado será de 09.00 a 14.00 horas.

Teléfono de contacto: 988411226