A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 continúa a súa actividade cargada de actividades e baixo estritas medidas de seguridade Imprimir
Mércores, 19 Agosto 2020 11:37

 Os nenos e nenas da ludoteca de Verín continúan gozando dunha completa axenda de actividades variadas, sempre cumprindo con todas as medidas de seguridade estipuladas para previr a propagación do virus da COVID-19 (xeles hidroalcohólicos, uso da máscara, a disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída).

Nas últimas semanas, os menores participaron en moitas e atractivas actividades como: a creación de xices de cores e pinturas caseiras, construción de cabañas, rutas en bici, xincana por Verín, elaboración de barcos con material de reciclaxe, creación de botes da calma e botes de mar, xogos de auga, elaboración de obras de arte, creación de marionetas, contacontos e multitude de xogos variados.

A Ludoteca de Verán – é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, o Campamento Urbano destinado a menores de 11 a 14 anos  que se realizará nas instalacións dos CEIP Amaro Refoxo, Módulos, Colexio María Inmaculada e Princesa de España,  e nas dependencias municipais Pavillón da Granxa e Pavillón de Deportes. Este ano, como novidade utilizaranse outros espazos a maiores como poden ser as instalacións cedidas polo colexio María Inmaculada.