Verín e Tui estreitan lazos a través dos seus festivais cinematográficos Imprimir
Venres, 11 Setembro 2020 11:30

O público verinés desfrutou no Auditorio este xoves, día 10, dunha selección de curtas de creadores galegos e internacionais programadas en edición anteriores do Festival de Cine Play-Doc de Tui, con “diferentes tendencias e narrativas cinematográficas, que van dende o relato autobiográfico ao cine experimental, pasando polo retraso ou propostas de corte máis etnográfico”, segundo asegurou o director deste certame, Ángel Sánchez, durante a súa conexión por streaming co FIC de Verín.


O Festival Internacional de Curtas de Verín rende deste modo tributo ao seu homólogo, “poñendo en valor o excelente traballo que realizan os nosos colegas”, segundo sinala o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero. Ademáis, engade “a importancia desta iniciativa”, para achegar esforzos cos diferentes certámenes cinematográficos galegos.

O Play-Doc, festival convidado do FIC nesta edición, celebrarase na localidade pontevedresa este ano entre o 23 e o 27 de setembro, tomando a substitución do RIR de Allariz.

Sobre Play-Doc

Ao longo das súas 15 edicións, Play-Doc consolidouse como un referente, logrando manter un modelo de festival singular, cunha programación rigorosa e un público extremadamente variado. Este espazo cultural contou coa presenza tanto de novos creadores como de lendas como Albert Maysles, Bruce Weber ou Artavazd Pelesjan, así como cineastas de culto como Charles Burnett ou Peter Emanuel Goldman.