A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da Covid 19 Imprimir
Martes, 06 Outubro 2020 21:42

 Tras a reunión do comité clínico autonómico, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de emitir un comunicado oficial no que se informa sobre a instauración de novas restricións relativas á xestión da crise sanitaria no Concello de Verín.


As restricións impostas a Verín (que entrarán en vigor a partir do xoves as 00:00 horas) son as mesmas que xa están en vigor noutras localidades galegas.

Novas Restricións:

- QUEDAN PROHIBIDAS AS XUNTANZAS DE PERSOAS NON CONVIVINTES

Manteñense as restricións en canto a:

-       Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra.

-       Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto


Consulta todas as medidas no Diario Oficial de Galicia: https://cutt.ly/2grUM1m